01
02
03
05
06
previous arrow
next arrow

O CONCELLO DA LAMA CONMEMORARÁ O 25 N COA LECTURA DUN MANIFESTO E CON VARIOS OBRADOIROS DE IGUALDADE NO COLEXIO

O Concello da Lama conmemorará o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, con varios actos entre os que destaca a lectura dun manifesto que terá lugar o luns ás 13 horas no Salón de Plenos do Consistoiro, a celebración de varios obradoiros no CEIP da Lama organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) ao abeiro…

O CONCELLO DA LAMA PON A DISPOSICIÓN DA VECIÑANZA ALEGACIÓNS AO PARQUE EÓLICO EDREIRA I E Á LIÑA DE MEDIA TENSIÓN (LMT) DE 33KV DE EVACUACIÓN

O Concello da Lama pon a disposición da veciñanza as alegacións redactadas pola empresa Tysgal, especializada en temas medioambientais, contratada para tal efecto e que poderán ser retiradas na Bibilioteca Municipal da Lama en horario de 8:30 a 14:30 horas, de luns a venres. Unha vez asinadas, poderán presentarse no Rexistro de calquera administración que dispoña de Portelo Único. Estas…

A LAMA DESDE O CEO

O concello da Lama ofrece unha serie de paraxes naturais de beleza incomparable para ser observados a vóo de paxaro ou a pe do camiño. Rotas de sendeirismo, praias fluviais, vistas panorámicas, fervenzas, pozas e mil e un recunchos naturais fan desta terra un paraíso en si mesmo. A Lama é unha simbiose natural entre o verde da súa paisaxe, a forza dos seus ríos e regatos e un ceo extraordinario. Combinar un paseo a pé ou a cabalo e descubri-los sendeiros que o surcan permiten vivir sensacións inesquecibles para gardar como un tesouro na túa experiencia vital e sensorial.

ROMARIA XENDE

A Romaría do Santo Cristo de Xende é unhas das poucas manifestacións etnográficas e relixiosas que aínda quedan vivas na tradición da Galicia interior. O fervor relixioso e gran devoción que sinten os habitantes destas comarcas limítrofes entre a provincia de Pontevedra e Ourense fan deste evento un feito que hai que vivir e experimentar, cando menos, unha vez na vida.

A DEPUTACIÓN CONCEDEULLE 32.662,05 EUROS AO CONCELLO DA LAMA PARA FINANCIAR A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA FACHADA TRASEIRA DO PAVILLÓN MUNICIPAL

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello da Lama a cantidade de 32.662,05 € con destino ao financiamento do investimento “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA FACHADA TRASEIRA DO PAVILLÓN MUNICIPAL DA LAMA” ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, cun orzamento polo mesmo importe. O espazo no que se actúa está formado por unha edificación en planta de…

O CONCELLO DA LAMA CREA A “AULA MENTOR” PARA ACHEGAR MÁIS DE 240 CURSOS DE FORMACIÓN ONLINE Á VECIÑANZA E MELLORAR A SÚA CAPACITACIÓN LABORAL

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, e o tenente de alcalde José Fortes abriron oficialmente a “Aula Mentor” de formación profesional online que estará a disposición da veciñanza con máis de 240 cursos online para facilitar a mellora da capacitación laboral das persoas en situación de desemprego e tamén ás que están traballando. A “Aula Mentor”, única en…

AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE E O EMPADROAMENTO 2024 NO CONCELLO DA LAMA

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións,…

AGADER SUBVENCIONA A MELLORA DE VIAIS EN VEIGA DO MUÍÑO E A PORTELA E O FORMIGONADO DO CAMIÑO DO RECONCO DENTRO DO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-24

Visto que polo Alcalde detectouse a necesidade que ten o concello de contratar a execución das obras “MELLORA DE VIAIS MUNICIPAIS EN VEIGA DO MUÍÑO…

O CONCELLO DA LAMA INFORMA DO NOVO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO PARA O PERIODO 2024/25

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, acaba de facer público un Bando Informativo sobre o Programa do Imserso 2024/25. Para maior información poden dirixirse…