01
02
03
05
06
previous arrow
next arrow

O CONCELLO, A TRAVÉS DO APROL RURAL, CONTRATARÁ 3 PERSOAS PARA «MANTEMENTO E VALORIZACIÓN FORESTAL DE ESPAZOS NATURAIS E CAMIÑOS»

Ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025, pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025, o Concello de A Lama presentou a solicitude coa finalidade de obter unha subvención para a contratación de…

O CONCELLO DA LAMA ABRE O PRAZO ATA O XOVES 19 DE XUÑO PARA SOLICITAR PERMISOS PARA REALIZAR AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN

O Concello da Lama mantén aberto ata o XOVES 19 DE XUÑO o prazo para solicitar permiso para as Fogueiras de San Xoán. As persoas e colectivos interesados deben presentar a solicitude nas oficinas municipais, ou ben por solicitude electrónica, antes do próximo XOVES, 19 de xuño. O Concello fai saber que só se outorgarán autorizacións para fogueiras tradicionais, cumprindo…

A LAMA DESDE O CEO

O concello da Lama ofrece unha serie de paraxes naturais de beleza incomparable para ser observados a vóo de paxaro ou a pe do camiño. Rotas de sendeirismo, praias fluviais, vistas panorámicas, fervenzas, pozas e mil e un recunchos naturais fan desta terra un paraíso en si mesmo. A Lama é unha simbiose natural entre o verde da súa paisaxe, a forza dos seus ríos e regatos e un ceo extraordinario. Combinar un paseo a pé ou a cabalo e descubri-los sendeiros que o surcan permiten vivir sensacións inesquecibles para gardar como un tesouro na túa experiencia vital e sensorial.

ROMARIA XENDE

A Romaría do Santo Cristo de Xende é unhas das poucas manifestacións etnográficas e relixiosas que aínda quedan vivas na tradición da Galicia interior. O fervor relixioso e gran devoción que sinten os habitantes destas comarcas limítrofes entre a provincia de Pontevedra e Ourense fan deste evento un feito que hai que vivir e experimentar, cando menos, unha vez na vida.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCÉDELLE 7.879 EUROS AO CONCELLO DA LAMA PARA O EQUIPAMENTO ORTOPÉDICO E DE ENFERMERÍA DO CENTRO DE DÍA

A Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Plan + Provincia 2025 concedeulle ao Concello da Lama unha subvención de 7.879,00€ con destino á realización e financiamento do contrato menor de subministración do investimento denominado “SUBMINISTRACIÓN EQUIPAMENTO ORTOPÉDICO E DE ENFERMERÍA CENTRO DE DÍA A LAMA”, adxudicada por medio de Resolución de Alcaldía nº 2025-0280 de 02 de maio de 2025, á…

A DEPUTACIÓN, A TRAVÉS DO PLAN +PROVINCIA, CONCÉDELLE AO CONCELLO DA LAMA 9.704 € PARA MOBILIARIO, MAQUINARIA E ENSERES PARA O CENTRO DE DÍA

A Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Plan +Provincial concedeulle ao Concello da Lama unha subvención de 9.704,08€ con destino á realización e financiamento do contrato menor de subministración do investimento denominado “SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO, MAQUINARIA E ENSERES CENTRO DE DÍA A LAMA”, adxudicada por medio de Resolución de Alcaldía nº 2025-0257 de 23 de abril de 2025, á empresa A.…

O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA ANOTARSE NO SERVIZO “CONCILIA A LAMA 2025” E O PERIODO DE INSCRICIÓN DURARÁ ATA O VINDEIRO MÉRCORES 4 DE XUÑO

O Concello da Lama abre mañá o prazo de inscrición no servizo “Concilia A Lama 2025” ata o vindeiro mércores…

O CONCELLO E A DEPUTACIÓN TRAEN MAÑÁ AO COLEXIO DA LAMA UNHA ACTUACIÓN DO COÑECIDO MAGO TETO POR MOR DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Concello da Lama e a Deputación de Pontevedra levan este martes 13 de maio o circuíto +Escénicas ao colexio da Lama da man do…

O CONCELLO ORGANIZA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS UNHA ANDAINA SOLIDARIA CIRCULAR QUE SAIRÁ ÁS 10 DA PRAIA FLUVIAL DO VERDUGO

O Concello da Lama organiza unha andaina solidaria por mor do Día das Letras Galegas que sairá o SÁBADO 17 DE MAIO ás 10 horas da…