Verducido

VERDUCIDO, San Martiño de. Parroquia pertencente ao arciprestazgo do Oitavén e á diócese de Tui-Vigo. Limita co concello de Fornelos de Montes e posúe unha igrexa de moi boa feitura. No seu entorno descansan os restos de Juan Ouviña e tamén aparecen referencias a D.Francisco A. Garrido nado en Verducido no ano 1711 e chegou a ser bispo de Mallorca e Córdoba e morreu electo do bispado de Sevilla no ano 1777.

Outro personaxe famosos da historia de Verducido foi tamén Francisco Antonio Albán, nado o 8 de xuño do ano 1764, e foi nomeado bispo de Manila (Filipinas) no ano 1816.

As entidades de poboación que conforman a parroquia de Verducido son A Cavadiña, Cortegada, O Cruceiro, O Eido de Abaixo, A Feixa, A Fraga, As Gándaras, O Piñeiro, O Porto, Taraido e Valderrodas. Dista uns 10 quilómetros da capital municipal.

O monte Cabo (461 metros sobre o nivel do mar) e o río Parada constitúen os seus principais accidentes xeográficos. Sobre o río Parada érguese a Ponte Anceu, un viaducto de grande importancia para o Camiño dos Arrieiros e de boa factura que precisa dunha intervención para recuperar totalmente ao seu esplendor. Á súa beira érguense carballos centenarios que axudan a darlle unha maior vistosidade a esta ponte de orixe medieval.

San Martín de Verducido