01
previous arrow
next arrow

O CONCELLO DA LAMA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 16.902,64 EUROS DA XUNTA DE GALICIA PARA FOMENTAR O EMPREGO XUVENIL

O Concello da Lama é beneficiario dunha subvención de 16.902,64 euros destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta iniciativa ten como principal obxectivo mellorar a cualificación profesional da mocidade, facilitando a adquisición de competencias técnicas e profesionais que favorezan o seu acceso ao mercado laboral. 💼 A través deste programa preténdese impulsar a empregabilidade das persoas…

MEDIO RURAL, A TRAVÉS DE AGADER, CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN DE 103.861,88 EUROS AO CONCELLO DA LAMA PARA FINANCIAR A MELLORA DA AVENIDA CONDE CABANELAS E O XIMNASIO E VESTIARIOS DO PAVILLÓN

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia,…

A LAMA DESDE O CEO

O concello da Lama ofrece unha serie de paraxes naturais de beleza incomparable para ser observados a vóo de paxaro ou a pe do camiño. Rotas de sendeirismo, praias fluviais, vistas panorámicas, fervenzas, pozas e mil e un recunchos naturais fan desta terra un paraíso en si mesmo. A Lama é unha simbiose natural entre o verde da súa paisaxe, a forza dos seus ríos e regatos e un ceo extraordinario. Combinar un paseo a pé ou a cabalo e descubri-los sendeiros que o surcan permiten vivir sensacións inesquecibles para gardar como un tesouro na túa experiencia vital e sensorial.

ROMARIA XENDE

A Romaría do Santo Cristo de Xende é unhas das poucas manifestacións etnográficas e relixiosas que aínda quedan vivas na tradición da Galicia interior. O fervor relixioso e gran devoción que sinten os habitantes destas comarcas limítrofes entre a provincia de Pontevedra e Ourense fan deste evento un feito que hai que vivir e experimentar, cando menos, unha vez na vida.

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN DE 52.362,31€ AO CONCELLO PARA “MELLORA E ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DO PUNTO LIMPO MUNICIPAL PARA A RECOLLIDA SEPARADA DE RAAES”

 ANUNCIO A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ao abeiro da ORDE do 15 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do…

AURTORIZADA A AMPLIACIÓN DE HORARIO DOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE ANTAS NAS NOITES DOS DÍAS 24 E 25 DE XULLO POLAS FESTAS PARROQUIAIS

O alcalde da Lama, David Carrera, asinou un decreto que autoriza, con carácter excepcional, a ampliación en DÚAS (2) HORAS do horario máximo de peche dos establecementos abertos ao público situados na parroquia de Antas, no termo municipal da Lama, durante a celebración das Festas de Santiago Apóstolo da parroquia de Antas, nas noites dos días 24 e 25 de…

O CONCELLO DA LAMA LOGRA UNHA SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA A CREACIÓN DUNHA NOVA WEB TURÍSTICA DO MUNICIPIO

O Concello da Lama recibiu unha subvención da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural,…

O CONCELLO DA LAMA COLABORA CO PROGRAMA «PLAN CORRESPONSABLE FEMUPO» PARA IMPULSAR A FORMACIÓN PROFESIONAL NO ÁMBITO DOS COIDADOS

O Concello da Lama colabora na difusión e desenvolvemento do programa “Plan Corresponsables FEMUPO”, unha iniciativa promovida pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de…

O CONCELLO DA LAMA ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA REALIZAR AS TRADICIONAIS FOGUEIRAS NA NOITE DE SAN XOÁN

O Concello da Lama informa á veciñanza de que, con motivo da celebración das tradicionais Fogueiras de San Xoán na noite do 23 ao 24 de…