A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D), en data 23 de abril de 2026, concede a subvención ó Concello de A Lama, coa cantidade de 103.861,88 euros, con destino ao financiamento dos investimentos denominados “MELLORA DA AVENIDA CONDE BARREIRO CABANELAS” e “MELLORA E ACONDICIONAMENTO DO XIMNASIO E VESTIARIOS DO PAVILLÓN MUNICIPAL”.
Deste xeito o Concello de A Lama levou a cabo as seguintes contratacións:
• “MELLORA DA AVENIDA CONDE BARREIRO CABANELAS” tramitada mediante Contrato Menor de Obras e adxudicada por medio da Resolución de Alcaldía nº 2026-0347 de 08 de maio de 2026, á empresa RIGRAL, S.L. co CIF núm. B94146586, por importe de 39.847,56€ e 8.367,99€ de IVE, sendo o total do investimento 48.215,55€ (Expte.: 178/2026).
• “MELLORA E ACONDICIONAMENTO DO XIMNASIO E VESTIARIOS DO PAVILLÓN MUNICIPAL”tramitada mediante Contrato Menor de Obras e adxudicada por medio da Resolución de Alcaldía nº 2026-0346 de 07 de maio de 2026, á empresa ZONA DE OBRA O ROSAL S.L.U. co CIF núm. B94106663, por importe de 39.848,59€ e 8.368,20€ de IVE, sendo o total do investimento 48.216,79€ (Expte.: 181/2026).
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático achega, por medio da mencionada subvención, o importe de 103.861,88€ para a realización das obras e pago dos honorarios de Redacción do Proxecto, Dirección de Obra e Coordinación de Seguridade e Saúde.

