Historia do Conde Cabanelas

Manuel Barreiro Cabanelas, fillo dun canteiro, emigrou con 16 anos desde Laxedo (Covelo) a Río de Xaneiro a través de Portugal. Empezou a traballar como mozo de almacén, pero viu que aí non tiña futuro. Coa súa mentalidade emprendedora e capacidade de reinventarse conseguiu progresar no incipiente mundo dos negocios, especialmente coa lotaría (impulsor do Xogo do Bicho), e amasou unha fortuna, con empresas de hostalería, construción e roupa feminina.

Sufragou numerosas obras na súa parroquia natal, subministración de agua, a construción de fontes, bebedoiros e vivendas que doou a quen quixo quedar na aldea, xunto cunha importante dote para que as parellas de mozos puderan comezar con garantías a súa nova vida.

Ademais, creou en 1915 un grupo escolar en Laxedo e en 1942 dooulle ao estado español o edificio da súa propiedade “con la condición sine qua non de ser destinado con carácter permanente para Colonias escolares” a onde acudían periódicamente moitos rapaces da cidade de Pontevedra sen recursos económicos que eran becados dalgún xeito para poder disfrutar destas instalacións, únicas e pioneiras no seu tempo e fóra do alcance das familias humildes de Pontevedra que, doutro xeito e sin o mecenazgo de Barreiro Cabanelas, nunca poderían chegar a ter disfrutado.

Fomentou o ensino e alfabetización da poboación rural galega e o seu centro escolar destacaba na formación complementaria (semellante a unha FP) onde os nenos e nenas asistentes aprendían, ademais das asignaturas habituais e de obrigado coñecemento, contabilidade, canteiría, corte e confección, música de banda, etc.

Financiou dúas salas do Hospital Provincial de Pontevedra e contribuiu á construción dun asilo de anciáns, en Río de Xaneiro (Sociedade Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada) así como ao mantemento do Hospicio de las Hermanas de los Ancianos Desamparados da capital pontevedresa.

Foi o principal responsable de que o Carnaval de Río de Janeiro deixara de ser unha celebración da alta sociedade pechada en salóns de alto copete para trasladarse á rúa con actuacións pagadas polo Conde Cabanelas poñendo a primeira pedra do sambódromo no que agora son as rúas da cidade brasileira.

Un dos seus últimos proxectos foi a primeira ordenación urbanística dun espazo rural en Galicia que se coñece, na súa parroquia natal de Covelo, que non pudo ver concluída e materializada, aínda que deixou o seu deseño por escrito.

Arruinouse por completo en dúas ocasión a través de obras filantrópicas como cando entregou toda a súa fortuna en metálico para mercar alimentos, mediciña e material de primeira necesidade para atender aos soldados españois derrotados na Guerra de Cuba e que regresaban desastidos a España. Precisamente esta heroicidade filantrópica fíxolle acreedor do título de Conde Cabanelas otorgado pola raíña María Cristina, que nunca chegou a recoller nin reclamar para si. Morreu en Río de Xaneiro o 23 de agosto do ano 1950 e pese a ese a non querer nunca recoñecemento público, todo o mundo o coñecía e o respectaba como o Conde Cabanelas.

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
previous arrownext arrow
Shadow
Slider
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
previous arrownext arrow
Shadow
Slider