A Deputación de Pontevedra, en data 20 de maio de 2025, procedeu á concesión da subvención ao Concello de A Lama, da cantidade de 10.931,90 euros, ao abeiro do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2025, con destino ao financiamento do investimento “MELLORA NAS INFRAESTRUTURAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO DO CONCELLO DE A LAMA” (expediente 2025019102) cun orzamento polo mesmo importe.
Deste xeito o Concello de A Lama levou a cabo a seguinte contratación:
“MELLORA NAS INFRAESTRUTURAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO DO CONCELLO DE A LAMA” tramitada mediante Contrato Menor de Subministración e adxudicada por medio de Resolución de Alcaldía nº 2025-0525 de 07 de xullo de 2025, á empresa AQUA-NOR AGUAS DEL NOROESTE, S.L., co CIF B94016276 por importe de 9.034,63€ e 1.897,27€ de IVE, sendo o total do investimento 10.931,90€ (Expte.: 284/2025).
A Deputación Provincial de Pontevedra achegou, por medio da mencionada subvención, o importe de 10.931,90€ para a realización das obras.

