A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA AXUDA DE 10.647,27 EUROS AO CONCELLO DA LAMA PARA A SUBMINISTRACIÓN DUNHA BOMBA PARA A EDAR

A Deputación de Pontevedra, en data 13 de xuño de 2025, procede a concesión da subvención ao concello de A Lama, da cantidade de 10.647,27 euros, por reinvestimento de baixa (anualidade 2023), con destino ao financiamento do investimento “SUBMINISTRACIÓN DUNHA BOMBA NA EDAR DE A LAMA” (expediente 2024074717) cun orzamento polo mesmo importe.