O Concello da Lama editou un bando informativo sobre o programa da Consellería de Política Social e Xuventude 2023 para poder acceder ao programa de Benestar en Balnearios promovido pola Xunta de Galicia consistentes en pasar 10 días e 9 noites nun Balneario en réxime de pensión completa.
BENEFICIARIOS/AS:
Ser maior de 60 anos ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista da Seguridade Social.
Estar empadroado/a e residir nalgún Concello da Comunidade Autónoma de Galicia
Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria.
Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á convivencia.
Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais