Operarios do Concello da Lama levan a cabo estes días labores de mellora na accesibilidade ao cemiterio municipal de Seixido a través da construción dunha rampla de acceso ao recinto en substitución das escaleiras existentes que foi inspeccionada esta mañá polos tenentes de alcalde David Carrera e Jorge Méndez, quen ademais é concelleiro da parroquia.
Os traballos contemplan non so a construción da rampla en cemento senón tamén o seu cubrimento con pedra acorde co entorno e o peche perimetral do camposanto co fin de gardar unha uniformidade con este espazo.
Estas obras realízanse a petición veciñal que viñan reclamando unha mellora na accesibilidade ao cemiterio ante as dificultades que cada vez máis persoas maiores tiñan para subir polas escaleiras existentes no acceso principal.
Con estes traballos, a entrada é moito máis descansada aproveitando o plano inclinado da rampla o facilita o acceso sin necesidade de facer un sobreesforzo para sortea-los peldaños existentes con anterioridade.
Tamén se revisará o interior do recinto co fin de correxir algún defecto que poida existir no pavimento e nos distintos elementos que compoñen este cemiterio municipal.
Segundo David Carrera e Jorge Méndez “esta obra vén a dar resposta a unha petición veciñal motivada a que cada vez son de maior idade os veciños desta parroquia e moitos deles presentan xa problemas de mobilidade polo que coindicimos na necesidade de mellorar o acceso a este cemiterio municipal”, indicaron.