A praia fluvial, lista para o uso dos bañistas

O tenente de alcalde David Carrera inspeccionou os traballos de limpeza e desinfección levados a cabo por persoal municipal na praia fluvial da Lama coa intención de que estea en perfecto estado para o disfrute dos moitos bañistas que escollen esta paraxe do río Verdugo para pasar os seus momentos de lecer.

Ademais de corta-la herba e proceder a labores de mantemento en fontes, instalacións, baños, etc. os operarios municipais empregaron tamén a nova máquina de presión especilizada en limpeza de pavimentos e desinfección no entorno dos asadores e mesas de pedra así como nas zonas empedradas de acceso á praia fluvia e de conexión entre os distintos espazos de lecer.

Ademais, os operarios limparon en profundidade o itinerario para acceso autónomo das persoas con déficit de visión ou invidentes instalada en temporadas pasadas con pavimento  podotáctil, mobiliario, elementos lúdicos e sinalización accesible.

APELACIÓN Á CONCIENCIA CIDADÁ E AO “SENTIDIÑO” E A MANTE-LO DISTANCIAMENTO SOCIAL

Por outra banda, o Concello da Lama lembrou á veciñanza e visitantes a necesidade de usar con responsabilidade as instalacións esistentes na praia fluvial do Verdugo e fai tamén un chamamento aos bañistas a ter “sentidiño” e mante-lo distanciamento social na súa estancia nesta área recreativa co fin de levar á práctica as medidas de protección fronte ao Covid-19.