O CONCELLO DA LAMA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 90.603,31 EUROS PARA ACOMETER A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO DO OBRADOIRO

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte da Xunta de Galicia, en data 10 de outubro de 2024, procedeu á concesión da subvención ao Concello da Lama, da cantidade de 90.603,31 euros, con destino ao financiamento do investimento “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO DO OBRADOIRO EN A LAMA” (Núm. expediente PR486D/2024/060) cun orzamento total de 119.911,21€.

Coa execución das obras mellorarase a eficiencia enerxética da edificación do obradoiro, mediante as seguintes actuacións:

– Instalación sobre a cuberta de chapa simple existente da nave do obradoiro, un panel sándwich de 60mm de espesor.

– Substitución de tódalas luminarias alóxenas e fluorescentes por tecnoloxía LED con implementación de sistemas de aproveitamento soar.

– Eliminación de acumuladores de auga por efecto joule para os vestiarios.

– Substitución de caldeira de gasóleo por caldeira de pellets.

– Instalación de interacumulador para producción de ACS.