O Concello da Lama lembra á veciñanza a obriga de realizar a xestión da biomasa e limpeza das parcelas e terreos situados en solo urbano, núcleos rurais e nas faixas de xestión, de acordo coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
👉 As parcelas deberán manterse nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal rozada antes do 31 de maio de 2026.
Esta medida é fundamental para previr incendios forestais e protexer as persoas, as vivendas e o noso entorno natural.
Agradecemos a colaboración de toda a veciñanza para manter o noso concello máis seguro. 🌿🔥

