Un ano máis saiu do prelo a revista A Pedreira, unha ferramenta de información e promoción cultural e turística municipal que xa vai polo número 15.
O proxecto está subvencionado polo departamento de Dinamización Lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra.
A revista está coordinada e dirixida desde o ano 2003 pola Oficina Municipal de Información Xuvenil onde calquera veciño ou interesado pode solicitar un exemplar gratuito.