GAXATE, San Pedro de. Parroquia pertencente ao arciprestazgo de Oitavén e á diócese de Tui-Vigo. Limita co concello de Ponte Caldelas a través da parroquia de Forzáns. Os seus principais núcleos de poboación rural son Aldea, O Castro, A Cavada, O Eido de Abaixo, A Igrexa, Os Muíños, Pereiral, A Ponte, Ramadiza, Ramil, Rañas e A Rocha.
Dista uns 4 quilómetros da capital municipal e polo seu territorio descorre o río Oitavén que atravesa o centro parroquial divindo en dous os seus núcleos habitados.
Nesta parroquia se atopa a casa solariega de O Pazo que pertenceu aos señores de Gondar e fixo as veces de prisión durante algúns anos. Aquí tamén se alza un castro famoso polos interesantes achádegos nel realizados: Varias construcións circulares e cadradas pertencentes a cabañas castrexas que foron sacadas á luz por mor de diferentes obras efectuadas nunha das súas plataformas.
Deste castro proceden varias xambas e dinteis de pedra decorados, así como muíños de man, cerámicas e dúas cabezas pequenas de pedra, conservada unha delas no remate superior do tellado dunha casa. No cumio do monte foron atopadas dúas machadas de bronce, de tope, con dous aneis cuxo paradeiro descoñécese.
Gaxate conta tamén con praia fluvial e unhas casas indianas de gran feitura. Xunto á ponte tivo un muíño e unha fábrica de luz que abastecía de enerxía á poboación. Na actualidade estase procedendo a realizar varias reformas e recuperación do patrimonio arquitectónico civil de grande interese para ser visitado.