Antas

ANTAS, Santiago de. Esta parroquia do concello da Lama pertencen ao arciprestazgo de Oitavén e á diócese de Tui-Vigo. Os princiais núcleos rurais habitados da parroquia son Abelaído, Antas, Calvario, Canceleira, Candeira, Carreiros, Cornide, Cotiño, Moa, Porteliña, Ramallal e Vila do Cabo.

Por Antas pasa o río Verdugo e dista da capital municipal uns 8 quilómetros. Nesta parroquia hai paraxes naturais de gran interese como é a carballeira das Ermidas onde se atopa un cruceiro de bela feitura escultórica así como unha zona de lecer onde nos primeiros días de agosto celébrase unha grande romaría á que acuden centos e centos de persoas.

Nas inmediacións das Ermidas hai unhas fontes que son “miragreiras” para sanar calquer tipo de doenza sobre todo hai unhas especializadas en sana-los ollos e outras os ouvidos.

O Casino de Antas ou Casa do Pobo é o principal local social de reunión da parroquia e conta cun establecemento hosteleiro que ademais de ofertar cafetería tamén destaca pola boa comida caseira que ofrece aos seus clientes.

Santiago de Antas