Seixido

SEIXIDO, San Bartolomé de. Parroquia pertencente ao arciprestazgo do Oitavén e á diócese de Tui-Vigo. É unha parroquia moi ligada á emigración en México, ao igual que a de Xesta. As principais entidades de poboación que conforman a parroquia son Cabalar, O Campo, Carreiro, A Casavella, Cendón, A Fentosa, A Gaiola, Pumar e Seixido.

Dista da capital lamense casi 7 quilómetros e posúe unha gran praza e campo de festas onde está ubicada a Casa do Pobo o centro sociocultural que aglutina as principais celebracións festivas que congrega a veciños de Seixido que residen en Galicia e tamén aos que veñen do estranxeiro.

Os seus principais accidentes xeográficos son o río Verdugo e os montes de Pumar (708 metros de altitude sobre o nivel do mar) e de Abaixo (662 metros). Tamén é de salientar a fervenza do río Cabalar de gran beleza paisaxística e de gran fermosura.

San Bartolome de Seixido