O Concello da Lama acomete a sinalización e mellora do sendeiro no lugar do Toxal, na Serra do Cando a través do Plan Concellos da Deputación acolléndose para elo ás axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PRD) Galicia 2014-2020.
Esta actuación ten como proxecto a mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos creativos, así como, a preservación dos hábitats, ecosistemas naturais e seminaturais, por medio, entre outros da sinalización do sendeiro con paneis informativos que mostren a riqueza da fauna e flora da zona, así como sitios de interese dentro do espazo ZEC Serra do Cando.
Tamén se prevé a mellora da senda coa retirada da capa de lama e de pequenas pedras que fan que a senda sexa impracticable e, finalmente, acometerase a recuperación e posta en valor dun conxunto fonte-lavadoiro e do seu respectivo canle de auga existente na zona, así como a súa sinalización.