A Fundación Laboral da Construción ofrece a mozos e mozas a posibilidade de ter un contrato de formación por espazo dun ano. Este proxecto está orientado a mozos e mozas de 18 a 25 anos que queiran traballar e formarse na construción. Ofréceselles un contrato de aprendizaxe nunha empresa de construción de 1 ano. Un día á semana desprazaríanse a Santiago a realizar a formación dun Certificado de Profesionalidade de Construción (o desprazamento pagaríao a empresa), o obxectivo do Programa é captar mozos e mozas que queiran desenvolver a súa carreira profesional no sector da construción xa que non hai substitución xeracional. Hai empresas de Marín , Pontevedra, A Lama, Ponte Caldelas,…
MÁIS INFORMACIÓN: