O Concello da Lama, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) levarán a cabo un curso de primeiros auxilios dentro do “Plan Corresponsables”.
Este obradoiro levarase a cabo por persoal especializado no edificio Multiusos Alameda da Lama o vindeiro martes, 17 de Octubro, en horario de 17:00 h a 19:00 horas.
Quen desexe inscribirse neste curso de manipulación de alimentos ou obter máis información, poden poñerse en contacto co CIM da Lama a través do teléfono 986 76 82 38 ou a través do correo electrónico cim@concellodalama.com.