O Concello da Lama edita un Bando para informar de como acceder ao programa da Xunta de Benestar en Balnearios

O Concello da Lama editou un bando informativo sobre o programa da Consellería de Política Social e Xuventude 2023 para poder acceder ao programa de Benestar en Balnearios promovido pola Xunta de Galicia consistentes en pasar 10 días e 9 noites nun Balneario en réxime de pensión completa.

BENEFICIARIOS/AS:
 Ser maior de 60 anos ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista da Seguridade Social.
 Estar empadroado/a e residir nalgún Concello da Comunidade Autónoma de Galicia
 Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria.
 Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á convivencia.
 Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais