A CORPORACIÓN MUNICIPAL DECIDIU APROBAR, POR UNANIMIDADE, A DECLARACIÓN DA LAMA COMO «CONCELLO LIBRE DE EÓLICOS»

O alcalde da Lama, David Carrera, acaba de promulgar un bando no que se recolle a decisión da Corporación Municipal, adoptada no último pleno celebrado o pasado 25 de novembro, mediante a cal aprobouse por unanimidade unha declaración segundo a cal A Lama declárase «Concello Libre de Eólicos».