ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO DESFILE DE ENTROIDO DA LAMA QUE TERÁ LUGAR O SÁBADO 8 DE MARZO, A PARTIR DAS 17 HORAS

O Concello da Lama abre o prazo para inscribirse no desfile de Entroido 2025 que terá lugar o SÁBADO 8 DE MARZO, a partir das 17 horas con saída desde as inmediacións do Colexio da Lama e chegada á Alameda, despois de percorrer as principais rúas do centro da vila. As inscricións deberán formalizarse na Biblioteca Municipal da Lama, teléfono 986 76 82 38-Ext. 4.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 6 de marzo no que quedará pechado en todas as súas categorías: Grupos, individual/parella e grupo infantil. As Comparsas desfilarán previa invitación realizada polo Concello da Lama.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:



BASES DO CONCURSO: