O CONCELLO DA LAMA CONTRATARÁ A 9 PERSOAS AO ABEIRO DA LIÑA 3 DO PLAN + PROVINCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O Concello de A Lama procederá á contratación de 9 persoas traballadoras ao abeiro da Liña 3 do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra. Tal e como establecen as bases, estas contratacións quedarán condicionadas á chegada da Resolución favorable da Deputación de Pontevedra.

As ocupacións solicitadas son:

👷 4 peóns forestais.

🚜 3 operarios/as movemento terras.

💻 1 auxiliar administrativo/a.

🧹 1 limpador/a.

A Oficina de Emprego Pontevedra-Bisbarra remitirá as cartas ás persoas seleccionadas por eles para que poidan presentar a instancia de participación xunto coa documentación.

Os requsitos e demais información están recollidos nas Bases que están publicasdas na sede electrónica do Concello de A Lama.