O CONCELLO DA LAMA RECIBE UNHA AXUDA EN MATERIA DE RESIDUOS PARA A IMPLANTACIÓN DE RECOLLIDAS SEPARADAS DE BIORRESIDUOS, ACEITES DE COCIÑA USADOS E TÉXTILES

O CONCELLO DE A LAMA resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles.

Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L1 – COLECTOR MARRÓN, cunha axuda concedida de 115931.25 no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.