O CONCELLO DA LAMA LOGRA UNHA SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA A CREACIÓN DUNHA NOVA WEB TURÍSTICA DO MUNICIPIO

O Concello da Lama recibiu unha subvención da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por un importe de 14.285,26 euros para financiar a creación da nova Web Turística do Concello da Lama.

Esta actuación está incluída na intervención Leader de Galicia para o período 2023-2027 e está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, FEADER.

A contratación foi tramitada mediante contrato menor de servizos e adxudicada á empresa Autoxiro Turismo, S.L., por un importe de 11.806 euros máis 2.479,26 euros de IVE.

Con esta nova ferramenta dixital, o Concello continúa traballando na promoción dos recursos naturais, patrimoniais, culturais e turísticos da Lama, facilitando o acceso á información e contribuíndo a dar a coñecer todos os atractivos do noso municipio.