AURTORIZADA A AMPLIACIÓN DE HORARIO DOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE ANTAS NAS NOITES DOS DÍAS 24 E 25 DE XULLO POLAS FESTAS PARROQUIAIS

O alcalde da Lama, David Carrera, asinou un decreto que autoriza, con carácter excepcional, a ampliación en DÚAS (2) HORAS do horario máximo de peche dos establecementos abertos ao público situados na parroquia de Antas, no termo municipal da Lama, durante a celebración das Festas de Santiago Apóstolo da parroquia de Antas, nas noites dos días 24 e 25 de xullo de 2026.

A ampliación será aplicable exclusivamente aos establecementos e actividades aos que resulte de aplicación a normativa autonómica reguladora dos horarios dos establecementos abertos ao público, debendo respectarse, en todo caso, as restantes condicións establecidas na lexislación vixente, especialmente as relativas á seguridade cidadá, contaminación acústica, protección do descanso veciñal, control de aforos e protección das persoas menores de idade.

A ampliación autorizada non exime do cumprimento das obrigas derivadas da normativa sectorial vixente nin das condicións particulares das licenzas ou títulos habilitantes de cada establecemento.

Desta resolución dase traslado aos solicitantes, á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, á Garda Civil, á Policía Autonómica e aos servizos municipais competentes, así como proceder á súa publicación no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de A Lama para o seu xeral coñecemento.

A resolución producirá efectos desde as 00:00 horas do primeiro día autorizado ata a finalización do último período de ampliación concedido.