A LAMA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 4.680 € DA DEPUTACIÓN PARA FOMENTAR A IGUALDADE E PREVIR A VIOLENCIA DE XÉNERO

A achega provincial permitirá financiar o Programa de Fomento da Igualdade de Oportunidades e Prevención da Violencia de Xénero 2026.

O Concello da Lama recibiu unha subvención de 4.680 euros da Deputación de Pontevedra destinada ao desenvolvemento do “Programa de Fomento da Igualdade de Oportunidades e Prevención da Violencia de Xénero 2026”.

Esta axuda foi concedida mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión celebrada o 29 de maio de 2026, ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero durante o ano 2026.

A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 11, do 19 de xaneiro de 2026.

Con este financiamento, o Concello da Lama continúa impulsando iniciativas orientadas á promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e á prevención da violencia de xénero, reforzando o compromiso municipal coa sensibilización e a construción dunha sociedade máis igualitaria e libre de violencia.