AGADER SUBVENCIONA A MELLORA DE VIAIS EN VEIGA DO MUÍÑO E A PORTELA E O FORMIGONADO DO CAMIÑO DO RECONCO DENTRO DO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-24

Visto que polo Alcalde detectouse a necesidade que ten o concello de contratar a execución das obras “MELLORA DE VIAIS MUNICIPAIS EN VEIGA DO MUÍÑO (XENDE) E A PORTELA (A LAMA)” e “FORMIGONADO DE VIAL MUNICIPAL EN O RECONCO (BARCIA DE SEIXO)”, subvencionadas mediante Resolución asinada pola Directora Xera de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) o 28 de febreiro de 2023 ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024, e cofinanciada polo (Feader) «Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural: Europa invierte en el rural», no marco da intervención 6872. Investimentos produtivos en servicios básicos en zonas rurais do plan estratéxico da PAC 2023-2027 (con inclusión da bandeira europea) de España en réxime de concorrencia non competitiva.

Concedida subvención por Resolución da Directora Xeral de Agader, a 17 de xullo de 2023 para a realización dos investimentos arriba mencionados, cunha concesión total de subvención de 65.567,00€. O Concello da Lama, procede na data 07 de setembro de 2023 a adxudicación do contrato menor de obras denominado “MELLORA DE VIAIS MUNICIPAIS EN VEIGA DO MUÍÑO (XENDE) E A PORTELA (A LAMA)” e na data 06 de setembro de 2023 a adxudicación do contrato menor de obras denominado “FORMIGONADO DE VIAL MUNICIPAL EN O RECONCO (BARCIA DE SEIXO)”, e asinadas a Actas de Recepción das obras respectivamente o día 20 de outubro de 2023 e o día 17 de outubro de 2023.

Con estas obras mellorouse as condicións de viabilidade, seguridade e accesibilidade dos viais municipais situados en A Portela, en Veiga do Muiño e en O Reconco, viais que serven de acceso a varias vivendas situadas nas devandita zonas. Renovando o seu pavimento con aglomerado asfáltico e con formigón respectivamente, ao atoparse o pavimento en mal estado de conservación. Finalizadas as obras os camiños entrar en servizo en condicións de viabilidade óptimas, incrementando a seguridade viaria e executándose unha rehabilitación total de ambas zonas conseguindo así unha maior área segura para os usuarios dos viais.