A Consellería de Medio Ambiente concede unha axuda de 4.000 euros ao Concello da Lama para a asistencia técnica na elaboración do “Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde de 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o CLIMA e a ENERXÍA SUSTENTABLE, cofinanciadas polo FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A) (D.O.G. Nº 27, de 10 de febreiro de 2021), concedeu unha subvención ao Concello de A Lama polo importe de 4.000,00 euros para a asistencia técnica na elaboración do: “PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES), Concello de A LAMA”.

Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxia Sustentable Frear o Cambio Climático. O que pretende é elaborar unha ferramenta para lograr o obxectivo de é lograla redución das emisións de CO2 en ao menos un 40% para 2030 (e posiblemente outros gases de efecto invernadoiro) por medio e medidas de eficiencia enerxética, dun maior uso de fontes de enerxía renovable, e aumentala resiliencia aos impactos do cambio climático, así como a cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fora dela, para melloralo acceso á enerxía segura, sustentable e accesible.