A Corporación aproba o establecemento do servizo público de Centro de Día e Fogar Residencial así como o Regulamento de Réxime Interno e o acceso de usuarios

A Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou, sen votos en contra, o establecemento do servizo público de Centro de Día e Fogar Residencial así como o seu Regulamento de Réxime Interior e criterios de acceso para os usuarios. Unha vez feito este trámite, será exposto ao público durante 30 días para que se poidan presentar alegacións.

Asimismo, os membros dos grupos políticos aprobaron o convenio horizontal para a licitación do Servizo de Xestión do Punto Limpo cos concellos de Cerdedo-Cotobade e Fornelos de Montes, no que cada administración aportará en función do número de habitantes e extensión territorial, e ao Regulamento de Produtividade dos empregados municipais.

Durante a presentación do punto referido ao establecemento do servizo público de Centro de Día e Forgar Residencial o voceiro do UCIN, Carlos Riveiro, fixo unha intervención na que considerou que o centro debería ter máis prazas e solicitaba que a xestión do Centro fora integramente municipal. Pola súa banda o alcalde, David Carrera, argumentou que a necesidade de ofrecer o mellor servizo aos usuarios, que se prevé que sexan unha vintena, aconsellaba buscar a mellor xestión do servizo a través dunha empresa especializada do sector sociosanitario, con solvencia e experiencia acreditada, como fan practicamente todos os concellos.

O representante de IPR, José Benito Ogando, presentou unha moción “en defensa da Constitución” na que centraba a súa petición na celebración dos plenos da Corporación pola tarde e solicitaba que non hubera cambios “arbitrarios” de días e horas de celebración. Esta moción foi rexeitada polos edís do PPdeG ao signficar que a experiencias observada en lexislaturas anteriores demostraba que non asistía máis público do que o fai polas mañás e que tiña un maior custe económico para as arcas municipais.

Finalmente, procedeuse ao sorteo de compoñentes das mesas electorais que serán encargados de dirixir o proceso electoral das eleccións europeas do 9 de xuño de 2024. As persoas resultantes do sorteo serán notificadas nos vindeiros días para que no caso de imposibilidade de poder cumprir con este deber cívico poidan presentar en tempo e forma as súa alegacións ante a Xunta Electoral de Zona.