A DEPUTACIÓN CONCÉDELLE AO CONCELLO DA LAMA 50.083,57 EUROS PARA PROGRAMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E SOCIAL A TRAVÉS DO PLAN +PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra decidiu concederlle ao Concello da Lama a cantidade de 50.083,57 euros con destino ao financiamento de “Gasto corrente derivado da programación cultural, deportiva e social” (Expte.:2026006892), cun orzamento polo mesmo importe para levar a cabo actividades ao longo do presente exercizo.