ABERTO ATA O 30 DE MAIO O PRAZO PARA PODER SOLICITAR AXUDAS PARA PROXECTOS DA MEDIDA LEADER NO PARCO DA PEPAC 2023-2027

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de subvencións 2025/26 para a execución de proxectos da medida LEADER no marco do PEPAC 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioO90-160425-0001_es.html

Trátase das axudas ás que poden optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural para desenvolver proxectos produtivos e non produtivos que dinamicen as súas contornas. 

As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR Pontevedra Morrazo (GDR 15) e presentaranse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento MR701L Axudas Leader PEPAC 2023-2027  (MR701L – Axudas Leader PEPAC 2023-2027. – Sede electrónica – Xunta de Galicia)

prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 01 de maio e remata o 30 de maio de 2025.

Serán subvencionables os proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva que sexan de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

BONO ACTIVA RURAL

As Bases Reguladoras e a Convocatoria 2025, para a execución de proxectos da intervención LEADER no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioO90-160425-0001_es.html) inclúe  unha nova liña de axudas chamada Bono Activa Rural, destinada a apoiar a posta en marcha de actividades non agrarias no rural. Trátase dunha subvención de ata 18.000 euros, ligada ao mantemento da actividade e ao cumprimento dun plan empresarial viable durante un mínimo de cinco anos.

Para poder acceder á axuda do Bono Activa rural deberanse cumprir os seguintes requisitos específicos:

  • As persoas beneficiarias desta tipoloxía de proxectos serán as persoas físicas, que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividade empresarial a título individual na que polo menos creen o seu posto de traballo.
  • As persoas beneficiarias  deberán acreditar estar en situación de desemprego con anterioridade á presentación da solicitude e de non ter estado de alta na mesma actividade nos tres anos anteriores á dita solicitude.
  • A axuda estará vinculada ao mantemento da actividade, a permanecer no réxime de autónomos e ao cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa beneficiaria, durante un período de tempo de polo menos 5 anos dende a alta censual.
  • A actividade non poderá estar na relación das actividades excluídas que figuran no apartado 4.1.2 “Limitacións e exclusións ao financiamento das normas de xestión da estratexia”.
  • Deberá presentar un plan empresarial que terá que demostrar a viabilidade económica e técnica da empresa, apoiándose para iso nas condicións de mercado.
  • A axuda poderá acadar ata un máximo de 18.000 euros e pagarase en dúas anualidades.
  • Os proxectos que se beneficien desta modalidade de axuda concorrerán cos demais proxectos de natureza produtiva que se presenten ao abeiro das diferentes convocatorias.