O CONCELLO ORGANIZA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS UNHA ANDAINA SOLIDARIA CIRCULAR QUE SAIRÁ ÁS 10 DA PRAIA FLUVIAL DO VERDUGO

O Concello da Lama organiza unha andaina solidaria por mor do Día das Letras Galegas que sairá o SÁBADO 17 DE MAIO ás 10 horas da mañá desde a Praia Fluvial do Verdugo. O trazado da ruta é de dificultade media-baixa e circular de tal xeito que a saída e a chegada será no mesmo lugar, na Praia Fluvial do Verdugo.

Esta actividade contará co monitor deportivo Alberto Canosa e os participantes deberán inscribirse previamente na Biblioteca Municipal da Lama (Teléfono 986 76 82 38-ext. 4) e aportar 3 euros. Os menores participan de xeito gratuíto.

Os participantes terán dereito a unha consumición e os seus donativos irán destinados a unha ONG.

Será un xeito especial para celebrar o Día das Letras Galegas coñecendo e gozando do rico e variado patrimonio natural que atesoura o concello da Lama.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O MÉRCORES 14 DE MAIO ÁS 14:30 HORAS.

ANÍMATE E PARTICIPA!! INSCRÍBETE XA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA LAMA.