O Concello da Lama pon en marcha un obradoiro de iniciación á informática e internet que terá como principais obxectivos ensinar aos asistentes a crear un correo electrónico, sacar unha vida laboral, retirar permisos de queima, pedir os recibos do ORAL, acceder a unha cita no médico, selar o paro por internet, presentar de forma electrónica documentación diante de calquera organismo, etc.
Este obradoiro conta coa subvención da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos.
Data inicio: segunda semana de setembro
Horario: dúas horas á semana en horario de tarde
Lugar: Edificio da Escola Taller (Carretera da Fraga s/n)
Requisitos: estar empadroado/a no Concello de A Lama.
Para mais información dirixirse ao CIM do Concello de A Lama ou ás oficinas xerais.
As persoas interesadas deberán presentar unha instancia nas oficinas do concello que tamén estará dispoñible na sede electrónica (https://concellodalama.sedeelectronica.es). A admisión terá lugar por orde de rexistro, ata completar as prazas dispoñibles.
Subvención a cargo da Liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra.