Visto que polo Alcalde detectouse a necesidade que ten o concello de contratar a execución das obras “MELLORA DE VIALES MUNICIPAIS EN PARADELA E BARALLA (XENDE), DO CONCELLO DA LAMA” e do Servizo ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCIÓN DO “ESTUDO INTEGRAL DA REDE VIARIA DO CONCELLO DE A LAMA”, subvencionadas con cargo ao Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, Agencia Gallega de Desarrollo Rural (AGADER) (Q1500273F), RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).
Concedida subvención por Resolución da Directora Xeral de Agader, a 7 de maio de 2024 para a realización dos investimentos arriba mencionados, cunha concesión total de subvención de 72.979,00€. O Concello da Lama, procede na data 30 de agosto de 2024 á adxudicación do contrato de obras denominado “MELLORA DE VIALES MUNICIPAIS EN PARADELA E BARALLA (XENDE), DO CONCELLO DA LAMA”. E procede na data 19 de xuño de 2024 á adxudicación do contrato de servizos denominado ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCIÓN DO “ESTUDO INTEGRAL DA REDE VIARIA DO CONCELLO DE A LAMA”.
O que se pretende con estas obras e mellorar as condicións de viabilidade, seguridade e accesibilidade dos viais municipais situados en Paradela e en Baralla, viais que serven de acceso a varias vivendas situadas nas devandita zonas. Coa realización dun novo pavimentado do firme existente, mantendo o tipo de material da capa de rodadura, coa inclusión das canalizacións necesarias para a recollida de pluviais e a sinalización necesaria para mellorar a seguridade viaria.
O finalizar as obras os camiños poden entrar en servizo en condicións de viabilidade óptimas, incrementando a seguridade viaria e executándose unha rehabilitación total de ambas zonas conseguindo así unha maior área segura para os usuarios dos viais.