Entregados 57 novos composteiros individuais do programa de compostaxe municipal

O Concello da Lama entregou hoxe 57 novos composteiros individuais correspondentes á primeira fase de implantación do sistema de compostaxe domiciliario no municipio co fin de darlle unha saída medioambiental razonable aos residuos que producimos nos nosos fogares.

O reparto destes composteiros, realizado nas instalacións do campo de fútbol municipal de Racelo, contou coa presenza do tenente de alcalde, David Carrera, e o concelleiro Daniel Vidal, encargado de impulsar desde o grupo de goberno a posta en funcionamento desta iniciativa. Ao mesmo tempo, na Alameda instalouse novamente unha carpa informativa para seguir captando veciños e veciñas interesados en poñer en marcha nos seus domicilios esta iniciativa medioambiental.

Previamente á retirada dos composteiros individuais, os veciños e veciñas beneficiarios desta iniciativa municipal recibían unha pequena charla orientativa sobre a montaxe e funcionamento da compostaxe a través de mestres composteiros do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Os técnicos insistiron no sinxelo dun sistema que precisa de pouco mantemento e atención aínda que se rixe por unhas cómodas rutinas que son doadas de realizar. Explicaron tamén que o compost que se faría nas casas debería estar operativo nun prazos aproximado de 3 meses e insistiron sobre a necesidade de que circulara ben o aire que para garantir unha boa compostaxe e evitar cheiros innecesarios e que eran fácilmente evitables.

Tamén lembráronlle aos beneficiarios deste programa que teñen á súa disposición técnicos cualificados do Plan Revitaliza da Deputación para atender calquera demanda que precisaran co fin de que se viran completamente asesorados e arroupados no caso de que fora precisa a súa intervención.

Tanto David Carrera como o concelleiro encargado da implatanción deste sistema de compostaxe, Daniel Vidal, valoraron moi positivamente a resposta da xente na xornada de hoxe na que se retiraron 57 composteiros individuais e apostaron pola colaboración veciñal para darlle unha nova oportunidade aos refugallos domésticos que producimos nas nosas casas para que teñan un aproveitamento ecolóxico de grande interese medioambiental.