O Concello da Lama, a través do programa «Tornar ás táboas» da Deputación de Pontevedra, traerá este SÁBADO 16 DE DECEMBRO ÁS 19 HORAS a obra de teatro LADRÓN DE RISAS, que porá en escena o grupo teatral EXPRESIÓN PRODUCIÓNS para PÚBLICO DE TODAS AS IDADES.
A obra será representada no Edificio Multiusos do Concello da Lama e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
Ladrón de risas é unha comedia na que podemos gozar de tres historias divertidas e amenas en tres vivendas dun mesmo edificio. Nunha escóitanse ruídos, noutra mestúranse traballo e amor (mala mestura) e na última unha cea de amigos, pero aínda o poden pasar mellor.
En todas as historias nada é o que parece. Os ladróns só rouban sorrisos…