O CONCELLO ABRE O PRAZO ATA O MÉRCORES 19 DE XUÑO PARA SOLICITAR PERMISOS PARA REALIZAR AS TRADICIONAIS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN

O Concello da Lama mantén aberto ata o MÉRCORES 19 DE XUÑO o prazo para solicitar permiso para as Fogueiras de San Xoán. As persoas e colectivos interesados deben presentar a solicitude nas oficinas municipais, ou ben por solicitude electrónica, antes do próximo MÉRCORES, 19 de xuño.

O Concello fai saber que só se outorgarán autorizacións para fogueiras tradicionais, cumprindo así o previsto na Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. En cumprimento deste texto legal, tampouco se autorizan cacharelas en zonas de influencia forestal.

Ademais o Concello recalca que as fogueiras deben situarse en zonas idóneas e cunha distancia mínima ás casas de 20 metros. Non poderá haber vehículos de tracción mecánica dentro dese mesmo radio, nin tampouco depósitos de combustible ou almacéns de sustancias inflamables.

Por outra banda, os materiais a empregar na combustión serán: leña, pólas, toros de árbores e vellos materiais demadeira de calquera clase.Prohíbense calquera outro tipo de material, especialmente: os neumáticos, plásticos, latas, botellas,materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/oucalquera substancia explosiva.

Lémbrase que un bote de aerosol, aínda baleiro, pode orixinar unhaexplosión importante.

Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.

DESCARGA AQUI O IMPRESO PARA PRESENTAR NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU NA SEDE ELECTRÓNICA: