O Concello de A Lama procederá á contratación de 9 persoas traballadoras ao abeiro da Liña 3 do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra. Tal e como establecen as bases, estas contratacións quedarán condicionadas á chegada da Resolución favorable da Deputación de Pontevedra.
As ocupacións solicitadas son:
👷 4 peóns forestais.
🚜 3 operarios/as movemento terras.
💻 1 auxiliar administrativo/a.
🧹 1 limpador/a.
A Oficina de Emprego Pontevedra-Bisbarra remitirá as cartas ás persoas seleccionadas por eles para que poidan presentar a instancia de participación xunto coa documentación.
Os requsitos e demais información están recollidos nas Bases que están publicasdas na sede electrónica do Concello de A Lama.