O CONCELLO DA LAMA INFORMA DO NOVO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO PARA O PERIODO 2024/25

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, acaba de facer público un Bando Informativo sobre o Programa do Imserso 2024/25. Para maior información poden dirixirse ao Departamento de Servizos Socios do Concello da Lama.

CONDICIÓNS PARA PODE SER BENEFICIARIOS?

• Ser maior de 65 anos.
• Ser pensionista de xubilación do sistema público de pensións.
• Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior a 55 anos.
•Pensionista por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desempleo, en todos os casos 60 anos cumpridos.
• Poderán participar co seu cónxuxe ou parella de feito e tamén poden participar os fillos/as discapacitados/as cunha minusvalía do 45% sempre e cando esta minusvalía lles permita viaxar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN?

• DENDE O 1 DE XULLO ATA O 22 DE XULLO DE 2024.

LUGAR DE PRESENTACIÓN?

• Departamento de Servizos Sociais do Concello da Lama.