O Concello da Lama pon a disposición da veciñanza as alegacións redactadas pola empresa Tysgal, especializada en temas medioambientais, contratada para tal efecto e que poderán ser retiradas na Bibilioteca Municipal da Lama en horario de 8:30 a 14:30 horas, de luns a venres. Unha vez asinadas, poderán presentarse no Rexistro de calquera administración que dispoña de Portelo Único.
Estas alegacións tamén están a disposición de calquera persoa ou entidade xurídica que as queira descargar desde a páxina web do Concello da Lama (www.concellodalama.com).
O Concello da Lama lembra que o prazo para presentar alegacións remata o mércores 23 de outubro.
DESCARGA ALEGACIÓNS EDREIRA I:
DESCARGA DE ALEGACIÓNS LIÑA DE MEDIA TENSIÓN (LMT):