O Concello da Lama pon a disposición da veciñanza que se considere afectada pola implantación do proxecto industrial eólico «Greco» o modelo de alegacións preparado polos técnicos da empresa especializada en materia medioambiental, TYSGAL, co fin de que quen o desexe poida tramitalas diante da administración competente na materia.
O Concello da Lama actúa de xeito transparente cumprindo co compromiso acadado cos representantes da Comunidades de Montes afectadas co fin de asesorar e axudar no posible a que os afectados poidan presentar a correspondentes alegacións.
DESCARGA AQUÍ O MODELO DE ALEGACIÓN:

