O CONCELLO DA LAMA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 16.380,09 EUROS COFINANCIADA POLA UE PARA O REFORZO DO DEPARTAMENTO ADMINISTRATIVO MUNICIPAL

O Concello da Lama recibiu unha subvención de 16.380,09 euros destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021 – 2027.

A subvención cubre os gastos equivalente aos custos salariais das persoas traballadoras contratadas máis a cotización empresarial á Seguridade Social derivada do devandito salario.

O contrato foi asignado a reforzar labores administrativos no Concello da Lama a través da contratación dunha auxiliar auxiliar administrativo coas seguintes funcións:

-Recepción e rexistro de documentación

-Atención telefónica.

-Atención ao público.

-Arquivo de documentación en soporte dixital e convencional.

-Tramitación de correspondencia.

-Tramitación de expedientes.

-Manexo de maquinaria de oficina.