O Concello da Lama acaba de facer público nas redes sociais un vídeo divulgativo sobre a compostaxe dentro da iniciativa que está pondo en marcha para concienciar á cidadanía sobre a importancia de realizar esta acción que contribuirá a mellora-lo medio ambiente ao mesmo tempo que se lle dá unha solución efectiva aos residuos que producimos.
O Concello pon a disposición dos veciños e veciñas un total de 200 composteiros individuais e colocará 3 comunitarios en lugares estratéxicos do centro da vila para dar cobertura ao comedor do centro educativo da localidade, a área de comercios e supermercados e tamén ás comunidades de veciños de edificios máis habitados da localidade.
MIRA AQUÍ O VÍDEO: