Culmina un plan de limpeza e desinfeción fronte ao Covid-19 nos cemiterios municipais para o Día de Defuntos

Operarios municipais do Concello da Lama levaron a cabo durante estes dias un amplo operativo de limpeza e e desinfección fronte ao Covid-19 nos cemiterios municipais da Lama, Seixido, Antas, O Peso, Barcia de Seixo e Gaxate co fin de que poidan estar en perfectas condicións para a celebración do Día de Defuntos.

Este ano, a reciente incorporación dun remolque versátil especialmente preparado para a limpeza e desinfección viaria contra o Covid-19 permitirá o seu uso orientado a labores de prevención e loita contra o coronavirus coa actuación dun prato con auga a presión aplicada ao pavimento dos cemiterios para limpar e eliminar calquera posible presenza de Covid.
Asemade, o Concello instalará paneis explicativos sobre a nova normativa que rexirá a presenza nos cemiterios por mor do Estado de Alarma decretado e colocará dispensadores de xel hidroalcólico para maior seguridade sanitaria das persoas asistentes nestes días de Tódolos Santos e Defuntos.

Seguindo as peticións dos concelleiros do equipo de goberno responsables das distintas parroquias, o alcalde, Jorge Canda, deu instrucións aos operarios municipais para que reforzaran a presenza de contedores e papeleiras e revisaron as conducións de auga e servizos públicos nos cemiterios do municipio co fin de favorecer as tarefas de limpeza que nestas datas acometen os habitantes destas zonas para acoller a celebración de Defuntos.

As brigadas municipais acondicionaron tamén as zonas axardinadas e dotáronse de máis contedores nas inmediacións dos camposantos incrementándose tamén neses lugares a frecuencia de recollida do lixo co fin de que estean en perfecto estado.

Tamén se revisaron e reprogramaron as luminarias das inmediacións dos cemiterios para que permanezan acesas durante máis horas nestes días. Tamén os operarios municipais levaron a cabo labores de reparación de billas de auga, papeleiras defectuosas e reposición de pedras ornamentais nas zonas axardinadas dos cemiterios. Ademaís de procederse á limpeza e baldeo con auga a presión en varios camposantos co fin de mellora-la imaxe destes recintos mortuorios.

O alcalde, Jorge Canda, sinalou que estas tarefas increméntanse nestas datas especiais do Estado de Alarma coincidindo cunha maior presenza de persoas nos camposantos do municipio debido aos labores de limpeza e acondicionamento de nichos e panteóns previos a acoller a visita de numerosos familiares dos defuntos que tanto o 31 de outubro como o 1 de novembro danse cita nos cemiterios para honrar aos seus seres queridos.