O Plan de Compostaxe da Lama financiado polo Feder, Xunta e coa colaboración de Revitaliza supera tódalas expectativas

O Plan de Compostaxe posto en marcha polo Concello da Lama no que se pretende repartir un total de 200 composteiros individuais así como 3 comunitarios está superando tódalas expectativas iniciais grazas á resposta da veciñanza que levan xa retirados preto de 120 composteiros dentro deste ambicioso proxecto subvencionado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia e o Plan Compost-Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

O proxecto que coordina o Concello da Lama non se podería desenvolver sen a necesaria e imprescindible colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro da liña «Unha maneira de facer Europa» coa cal se poñen en marcha iniciativas destas características coas que se contribúe á conservación do ambiente e o patrimonio cultural do municipio.

Concello da Lama prevé unha primeira fase co reparto por rigurosa orde de inscrición de 200 composteiros domésticos individuais así como de 3 comunitarios que estáran orientados ao centro escolar, (estará dentro do recinto), a un bloque de vivendas e outro a grandes produtores, e dicir, negocios de hostalería e alimentación, ubicados no casco urbano.

Para levar adiante este proxecto de maneira eficiente, o Concello da Lama iniciou unha insistente e sistemática campaña informativa e divulgativa entre a cidadanía que axudou a lograr unha maior implicación e concienciación da veciñanza sobre a necesidade de dar unha resposta sostible e medioambiental aos residuos sólidos orgánicos dos fogares lamenses. Así, repartíronse carteis e folletos informativos así como a edición dun vídeo para compartir en redes sociais explicando o modo de inscribirse e participar neste plan de compostaxe e tamén de como deben actuar os beneficiarios dos composteiros.

O modelo que se desenvolve na Lama prevé a cesión dos composteiros a veciños e a propietarios de pequenos negocios que teñan casas ou establecementos con horta de forma que xestionen in situ os biorresiduos nas súas propias parcelas sen ter que trasladalos a. ningún outro lugar transformando os residuos nun fertilizante que poderán empregar nas súas hortas e xardíns.

CAIXÓNS ESTRUTURANTES E 5 COMPOSTEIROS COLECTIVOS

Na actuación levada a cabo e subvencionada pola Xunta e Feder, tamén se adquiriron 5 composteiros colectivos para pequenas comunidades e empresas e instaláronse 3 caixóns de estruturante para facilitar a compostaxe. Os tres caixóns de estruturante levantáronse sobre unha superficie pavimentada con celosía de formigón integrada no espazo público e o acceso á zona sigue a lóxica dos percorridos peonís, en relación coa beirarrúa e o paso de peóns existentes.

Nas celosías de formigón sitas no bordo exterior da superficie base, recomendouse o recheo dos ocos con herba, co fin de efectuar unha transición gradual cara o espazo verde lindeiro, así como un peche perimetral que inclúe no seu interior o centro de compostaxe e os demais contedores da parcela, de maneira que actúa como filtro visual e se reduza o seu impacto ambiental. O peche é de madeira, presenta unhas dimensións mínimas de 1.00m e máximas de 1.50m, cun deseño contemporáneo sinxelo, desprendido de ornamentos e historicismos.

Responsables municipais desta iniciativa medioambiental coa colaboración de fondos provintes da Unión Europea insistiron na necesidade de apostar por un modelo sostible para o tratamento dos nosos residuos porque doutro xeito estaremos hipotecando o futuro das novas xeracións. Para o Concello da Lama, non so se debe de coidar o medio ambiente que herdamos senón deixalo en mellores condicións da que o recibimos. Insisten en que este modelo da compostaxe é unha alternativa viable coa que todos podemos contribuir a mellora-lo noso entorno ademais dun uso útil e responsable para os nosos resíduos.

Todavía se mantén aberto o prazo para inscribirse, polo que os interesados deberán acudir ao Consistorio ou chamar ao teléfono 986 76 82 38 e alí aportar o seu DNI e referencia catastral da vivenda onde se vai instalar o composteiro. A entrega dos composteiros farase por rigorosa orde de solicitude xa que a participación inicial redúcese a 200 unidades de compostaxe.

Os beneficiarios dos composteiros individuais recibirán información e asesoramento pormenorizado así como a supervisión de mestres composteiros que velarán polo correcto uso e utilización dos mesmos para poder obter coas mellores garantías compost que logo poderá ser utilizado con total garantía nas hortas e nos xardíns dos usuarios.