Comeza o proceso selectivo do persoal que formará parte do GES na sede da Lama

Aparece publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio do proceso de selección do persoal que integrará o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede na parte posterior do edificio do Obradoiro de Emprego.

Son un total de 10 prazas con categoría de “Peón de Emerxencias e Prevención contra Incendios Forestais” e as bases para poder acceder ao concurso-oposición poden consultarse no taboleiro da sede electrónica do Concello da Lama:

https://concellodalama.sedelectronica.es/