O Concello da Lama acaba de editar un Bando que rexirá os permisos para as fogueiras de San Xoán. Aqueles veciños que queiran facer unha fogueira deberán solicitar unha autorización no Consistorio antes do luns 20 de xuño debendo achegar unha copia do DNI, así como indicar a referencia catastral da finca onde se vai proceder a celebrar a Fogueira de San Xoán.
Tamén poderá presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello da Lama:https://concellodalama.sedelectronica.esÉ imprescindible que se cumpran as medidas medioambientais e de prevención establecidas.