O Concello abre o prazo para inscribir a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade no programa de verán «Concilia A Lama 2022»

O Concello da Lama abre o prazo ata o 15 de xuño para inscribir aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que queiran participar no Programa «Concilia A Lama 2022», en colaboración coa Deputación de Pontevedra, para facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar durante os meses de verán.

O Programa Concilia A Lama 2022 estará en funcionamento entre o 23 de xuño e o 10 de setembro de luns a venres en horario de 9 a 14 horas con actividades dirixidas a nenos e nenas empadroados na Lama aínda que tamén poderán participar aqueles que o seu pai ou nai traballe no termo municipal.

Para máis información, dirixirse ás oficinas municipais.

BASES DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA «CONCILIA A LAMA 2022»:

ANEXOS DO PROGRAMA «CONCILIA A LAMA 2022»: